Grabación do pleno extraordinario de Marzo celebrado no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 30 de marzo de 2012, ás 17,00 horas.
Debido o cambio nas datas habituais, este pleno non foi emitido en directo por coincidir varios eventos. De feito, enviamos un saudo ó noso compañeiro Yago, que cubreu a grabación e realización deste pleno (que casualmente foi o mais curto dos feitos ata agora. Adxudicado para a próxima :) )
ORDE DO DÍA
1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 27 de febreiro de 2012.
2.- Dación de conta das Resolucións da Alcaldía do mes de febreiro.
3.- Designación dos representantes do Grupo Municipal do BNG nos órganos colexiados.
4.- Declaración Institucional con motivo do día 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
5.- Dar conta da relación certificada de tódalas obrigas pendentes de pago, remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
6.- Dación de conta da liquidación do orzamento correspondente ao exercicio de 2011.
7.- Aprobación, se procede, do Plan de axuste municipal coa finalidade de obter financiamento para o pago de débedas pendentes.
8.- Exame das alegacións presentadas por Foro por Vilagarcía, e no seu caso, aprobación definitiva da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.
9.- Aprobación inicial, se procede, do Regulamento Orgánico do Pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa.
10.- Aprobación inicial, se procede, da Ordenanza Reguladora do exercicio de actividades mediante comunicación previa e declaración responsable.
11.- Aprobación inicial, se procede, da Modificación dos Estatutos da Xerencia Municipal de Urbanismo.
12.- Exame das alegacións presentadas en relación coa Ordenanza Reguladora da actividade de ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras e aprobación definitiva, no seu caso.
13.- Exame das alegacións presentadas en relación coa modificación do Regulamento do Consello Consultivo Económico e Social e aprobación definitiva, no seu caso.
14.- Aprobación, se procede, das Mocións presentadas polos Grupos Políticos Municipais do BNG e EU, de apoio á folga xeral do 29 de marzo contra a reforma laboral.
15.- Aprobación, se procede, da Moción Presentada polo Grupo Político Municipal de EU sobre publicación na páxina Web do Orzamento Municipal.
16.- Interpelacións.